Unha familia africana instálase nun novo barrio. No seu aniversario, o pequeno Rafi non ten a quen invitar porque aínda non fixo amizades pero, grazas ás ferramentas que o seu pai lle foi regalando, decide construír os seus propios amigos creando figuras con materiais reutilizados. Un día coñece a…
Tomi Ungerer naceu en Estrasburgo (Alsacia, Francia) en 1931, pero, tras a morte do seu pai, a familia trasladouse ao pequeno pobo de Logelbach. A súa infancia quedou marcada pola guerra e a ocupación nazi. Na súa mocidade comezou a viaxar por todo o mundo e residiu en Laponia, Alxeria e Nova York. A esta cidade chegou en 1956 e rapidamente converteuse en caricaturista, ilustrador e autor de recoñecido prestixio.
Actualmente vive en Irlanda, dedicando o seu tempo a labores humanitarios. Posúe numerosos premios polas súas obras, entre eles o Hans Christian Andersen a todo o seu traballo como ilustrador infantil.
e descubre todas as novidades do libro en galego