Máis dunha trintena de accións e de emocións represéntanse, por parellas e de xeito confrontado, neste libro visual de Tomi Ungerer. As únicas palabras que contén son as que identifican cada ilustración: rir - chorar, amar - compartir, ver - mirar, cantar - bailar? Trátase dunha obra pensada en
Tomi Ungerer naceu en Estrasburgo (Alsacia, Francia) en 1931, pero, tras a morte do seu pai, a familia trasladouse ao pequeno pobo de Logelbach. A súa infancia quedou marcada pola guerra e a ocupación nazi. Na súa mocidade comezou a viaxar por todo o mundo e residiu en Laponia, Alxeria e Nova York. A esta cidade chegou en 1956 e rapidamente converteuse en caricaturista, ilustrador e autor de recoñecido prestixio.
Actualmente vive en Irlanda, dedicando o seu tempo a labores humanitarios. Posúe numerosos premios polas súas obras, entre eles o Hans Christian Andersen a todo o seu traballo como ilustrador infantil.
e descubre todas as novidades do libro en galego