Asaltaban carruaxes e atemorizaban os seus pasaxeiros. Menos a unha nena orfa que non lles tivo medo. Un clásico de sempre, sobre a bondade de corazón. «Os tres bandidos», cunha edición fiel á obra orixinal de 1961, é un clásico da Literatura Infantil traducido a máis de 30 linguas. Moitas
Tomi Ungerer naceu en Estrasburgo (Alsacia, Francia) en 1931, pero, tras a morte do seu pai, a familia trasladouse ao pequeno pobo de Logelbach. A súa infancia quedou marcada pola guerra e a ocupación nazi. Na súa mocidade comezou a viaxar por todo o mundo e residiu en Laponia, Alxeria e Nova York. A esta cidade chegou en 1956 e rapidamente converteuse en caricaturista, ilustrador e autor de recoñecido prestixio.
Actualmente vive en Irlanda, dedicando o seu tempo a labores humanitarios. Posúe numerosos premios polas súas obras, entre eles o Hans Christian Andersen a todo o seu traballo como ilustrador infantil.
e descubre todas as novidades do libro en galego