Era unha vez unha pequena vila francesa onde vivía unha señora maior chamada Madame Louise Bodot. Ela tiña un fillo que estaba en África estudando os réptiles. Unha mañá, o carteiro tróuxolle un paquete moi estraño con forma de O. Aplicando altas doses de orixinalidade e sentido do humor, Tomi
Tomi Ungerer naceu en Estrasburgo (Alsacia, Francia) en 1931, pero, tras a morte do seu pai, a familia trasladouse ao pequeno pobo de Logelbach. A súa infancia quedou marcada pola guerra e a ocupación nazi. Na súa mocidade comezou a viaxar por todo o mundo e residiu en Laponia, Alxeria e Nova York. A esta cidade chegou en 1956 e rapidamente converteuse en caricaturista, ilustrador e autor de recoñecido prestixio.
Actualmente vive en Irlanda, dedicando o seu tempo a labores humanitarios. Posúe numerosos premios polas súas obras, entre eles o Hans Christian Andersen a todo o seu traballo como ilustrador infantil.
e descubre todas as novidades do libro en galego