Empregamos cookies para mellorar a experiencia, análises e contido personalizado.
Podes aceptar todas, rexeitar as non necesarias ou configurar.
Máis info na política de cookies e
privacidade.
Estudou Belas Artes na Universidade de Barcelona, completou a súa formación en Boloña e Sevilla e, de volta en Barcelona, especializouse en ilustración na Escola Llotja. Ilustrou numerosos libros, traducidos a distintas linguas. En 2010 foi seleccionada pola Feira Internacional do Libro Infantil e Xuvenil de Boloña para participar nunha exposición colectiva sobre Gianni Rodari. Nesta mesma feira volveu formar parte en 2017 doutra mostra dedicada á cultura catalá. En 2024 foi galardoada co Premio Internacional Compostela de Álbum Ilustrado pola obra “Bim Bam Bum”.