1. INICIO
  2. > Libros
  3. > BIM BAM BUM
BIM BAM BUM

BIM BAM BUM

MARIA GIRÓN
0 veces listado

Unha disparatada aventura de amizade e un divertido xogo cos nomes e cos sons. Este XVII Premio Internacional Compostela de Álbum Ilustrado é unha obra fresca e divertida que amosa a cara máis lúdica da infancia, unha etapa na que a amizade e a felicidade son compoñentes esenciais. Tanto no texto…

Que che pareceu este libro?
Axuda a outras persoas deixando a túa opinión sobre este libro
Editorial
KALANDRAKA EDITORA
Idioma
GALEGO
ISBN
978-8-4134-3332-5
EAN
9788413433325
Formato
OTRO FORMATO LIBRO
MARIA GIRÓN

MARIA GIRÓN

Ver autora
Estudou Belas Artes na Universidade de Barcelona, completou a súa formación en Boloña e Sevilla e, de volta en Barcelona, especializouse en ilustración na Escola Llotja. Ilustrou numerosos libros, traducidos a distintas linguas. En 2010 foi seleccionada pola Feira Internacional do Libro Infantil e Xuvenil de Boloña para participar nunha exposición colectiva sobre Gianni Rodari. Nesta mesma feira volveu formar parte en 2017 doutra mostra dedicada á cultura catalá. En 2024 foi galardoada co Premio Internacional Compostela de Álbum Ilustrado pola obra “Bim Bam Bum”.
Valoracións das lectoras
4.0
1 valoracións

5 estrelas

0%

4 estrelas

100%

3 estrelas

0%

2 estrelas

0%

1 estrelas

0%
4

Este álbum ilustrado de María Girón publicado por Kalandraka é o álbum perfecto para nenas e nenos que comezan coa lectura: bonito, co texto xusto e cuns protagonistas moi atractivos. En Bim Bam Bum os tres protagonistas, Bim, Bam e Bum (pouca sorpresa!) van para a praia e van recollendo aos seus amigos. Moita repetición, nomes cunha única sílaba ou moi simples, permiten que aqueles que comezan a familiarizarse coa asociación sílaba-son afiancen os seus coñecementos con este sinxelo álbum ilustrado no que acompañamos aos protagonistas mentres recollen aos seus amigos indo cara a praia. A esta historia sinxela unimos o feito de que os protagonistas sexan animais coloridos e que as ilustracións que acompañan sexan tan bonitas. Tívose o coidado de que os protagonistas vaian na orde do texto nas ilustracións de fondo de forma que se manteña o sentido esquerda-dereita dos texto, algo importante cando isto aínda non está afianzado. Un bonito libro para acompañar no importante proceso de adquisición da lectura!

Outros libros de MARIA GIRÓN

Á comunidade gustoulle…

Subscríbete ao noso boletín

e descubre todas as novidades do libro en galego

Denunciar

Por que queres denunciar este contido?

Motivo

O equipo de M8 por ler revisará a denuncia. A persoa denunciada non saberá quen a fixo.