1. INICIO
  2. > Autoras
  3. > RAMÓN VILLARES
Avatar de RAMÓN VILLARES

RAMÓN VILLARES

1 títulos
0 seguidoras
Ramón Villares (Xermade, 1951) é catedrático emérito de Historia Contemporánea da Universidade de Santiago de Compostela, institución da que foi decano da Facultade de Xeografía e Historia (1986-1990) e reitor magnífico (1990-1994). Membro numerario da Real Academia Galega (2006), foi presidente do Consello da Cultura Galega (2006-2018), así como membro fundador e presidente (1996--2002) da Asociación Española de Historia Contemporánea. Tamén é doutor honoris causa polas Universidades de Buenos Aires, Minho e Rennes-2. Autor de numerosos libros e artigos, entre as publicacións máis recentes salientan: Emigrante dun país soñado. Luís Seoane entre Galicia e Arxentina (2011), Identidade e afectos patrios (2017), Fuga e retorno de Adrián Solovio. Sobre a educación sentimental dun intelectual galeguista (2007, 2018), Galicia, una nación entre dos mundos (2019), Exilio republicano e pluralismo nacional. España, 1936-1982 (2021), Cultura e política na Galicia do século XX (2021) e Galicia e Portugal. Irmandade e fronteira (2023). Con Josep Fontana codirixiu a obra en doce volumes Historia de España (2007-2017). Tamén é autor de Historia de Galicia (2004, 2016), con varias reimpresións e versións en castelán (2014), portugués (2016) e francés (2019).

Libros de RAMÓN VILLARES

O consello de Galiza. Política galega no exilio
O consello de Galiza. Política galega no exilio

Subscríbete ao noso boletín

e descubre todas as novidades do libro en galego