Empregamos cookies para mellorar a experiencia, análises e contido personalizado.
Podes aceptar todas, rexeitar as non necesarias ou configurar.
Máis info na política de cookies e
privacidade.
A Editorial Toxosoutos nace no ano 1988 coa publicación de M. Fabeiro Gómez, A Freguesía de Santa Mariña do Obre, parroquia noiesa onde están ubicadas as instalacións, tanto da editora como de Gráficas Sementeira.
A nosa xuventude e pulo é o que nos permite traballar para mellorar e procurar estar ao seu carón por medio das numerosas coleccións que conforman o noso catálogo; Keltia (mundo celta); Trivium (historia medieval);Anais (historia moderna); Os Barbanzóns (banda deseñada); Nume, Narrativa Histórica e Letra Inversa (prosa e verso da literatura galega); Trasmontes (literatura doutros idiomas traducida ao galego); Memoralia (ensaio biográfico); Colección lingüística, Biblioteca filolóxica e Divulgación e ensaio (estudos lingüísticos e etnográficos); e Fóra de colección (de temática variada), Serie Esmorga (edicións escolares con estudo e notas de especialistas: Teatro, Poesía, Ensaio, Narrativa e Escolmas).