ALVARELLOS EDITORA
114 libros Rúa de Sempre en Galiza, 4 (praza interior) 15706 Santiago de Compostela (Galicia)
Outras voces e outros eidos. Desde Galicia para a rede global dos amantes da cultura. Ensaio e divulgación, poesía, obras de gastronomía, orixinais guías de Santiago de Compostela, fotografía histórica, obras inéditas ou esquecidas de grandes clásicos galegos (Álvaro Cunqueiro, Aurelio Aguirre, Rosalía de Castro, Urbano Lugrís...). En total, un catálogo vivo de 150 títulos e un histórico de máis de 400.
Alvarellos Editora fundouse en Lugo en 1977. Hoxe, dende Compostela, é a vicedecana das editoriais galegas. Na etimoloxía do seu nome (o apelido familiar) nace a súa razón de ser: “alvarellos” procede do latino “alvaricius”, pequena alvariza ou colmea. Practicamos a biodiversidade. Militamos na cultura, na lectura e nuns libros editados, tamén, como obxectos estéticos e atractivos.
O proxecto editorial está encabezado por Henrique Alvarellos Casas (Quique Alvarellos), como director e editor, e Marta Pérez Rodríguez, xerente e administradora. Entre os dous coordinan un equipo de colaboradores integrado por filólogos, historiadores e deseñadores.