Empregamos cookies para mellorar a experiencia, análises e contido personalizado.
Podes aceptar todas, rexeitar as non necesarias ou configurar.
Máis info na política de cookies e
privacidade.
Este volume titulado Non temos límites. Obra dispersa, 1990-2014 (Alvarellos editora), nunha edición ao coidado de Ana Romaní, María Xesús Nogueira e Carme Vidal, descúbrenos «a outra obra» de Begoña Caamaño: a da xornalista, a da activista, a dunha autora con mirada crítica e compromiso feminista,…
Este volume titulado Non temos límites. Obra dispersa, 1990-2014 (Alvarellos editora), nunha edición ao coidado de Ana Romaní, María Xesús Nogueira e Carme Vidal, descúbrenos «a outra obra» de Begoña Caamaño: a da xornalista, a da activista, a dunha autora con mirada crítica e compromiso feminista, social e político. Non temos límites reúne os seus textos periodísticos, as conferencias, os guións radiofónicos e outros escritos que foi creando e difundindo entre 1990 e 2014. Son máis de cincuenta textos, dos que boa parte quedaran esquecidos en diversas publicacións; outros son inéditos, e todos xuntos revélannos á Begoña Caamaño de non ficción. «A obra xustifícase polo valor intrínseco do material que reúne –sinalan no limiar as responsables desta edición–. Heteroxéneos na súa forma, contido e destino, os escritos mostran o coñecemento e a maneira de estar no mundo dunha autora que tomou posición nos debates do seu tempo.
Que che pareceu este libro?
Axuda a outras persoas deixando a túa opinión sobre este libro
Valora NON TEMOS LÍMITES (OBRA DISPERSA, 1990-2014)
BEGOÑA CAAMAÑO (Vigo, 1964-Santiago de Compostela, 2014) é unha voz literaria fundamental nas nosas Letras. Autora de dúas novelas imprescindibles, Circe ou o pracer do azul (2009) e Morgana en Esmelle (2012), onde demostra que «os mitos están vivos e temos dereito de facelos nosos», estudou Maxisterio en Vigo e dedicouse por enteiro ao xornalismo: dende 1989, na Radio Galega, primeiro na súa cidade natal e logo xa en Compostela. Colaborou en numerosas publicacións xornalísticas, feministas e antimilitaristas, e desenvolveu tamén unha destacada labor sindical. «Nos seus textos, nas súas conversas, na súa actividade reivindicativa enfía transgresión e humor, utiliza imaxinativos recursos para desmontar crenzas, lugares comúns e prexuízos», sinalan as súas biógrafas Ana Romaní e María Xesús Nogueira no volume Volveredes brindar por min. En 2026 a Real Academia Galega acordou dedicarlle o Día das Letras Galegas.