1. INICIO
  2. EDITORIAS
  3. ENTRE NUBES Y CUENTOS
Logo de ENTRE NUBES Y CUENTOS

ENTRE NUBES Y CUENTOS

15 libros

Din que os nenos veñen cun pan debaixo do brazo pero os meus viñeron cargados de libros. Con eles abrín unha xanela nova, quen sabe se é pola que cada noite cruza Peter Pan para levarnos a Nunca Xamais.

Da súa man coñecín personaxes entrañables, cos que agora me parece imposible non vivir e xuntos creamos outros que inspiraron novos contos. Escribo historias correntes, de xente corrente que garda bágoas baixo a cama, ten mapas con estrelas habitadas, son heroes sen ser superheroes ou que coñecen o secreto mellor gardado do rato Odón.

Benvidos ao meu mundo... entre nubes e contos...

Subscríbete ao noso boletín

e descubre todas as novidades do libro en galego