1. INICIO
  2. > Libros
  3. > XERTRUDIS PRECISA VACACIONS
XERTRUDIS PRECISA VACACIONS

XERTRUDIS PRECISA VACACIONS

Ana Meilán
0 veces listado
Que che pareceu este libro?
Axuda a outras persoas deixando a túa opinión sobre este libro
Editorial
ENTRE NUBES Y CUENTOS
Idioma
GALEGO
ISBN
978-8-4129-2367-4
EAN
9788412923674
Formato
OTRO FORMATO LIBRO
Avatar

Ana Meilán

Ver autor

Ana Meilán é escritora, narradora e nai de tres pequechos. Di sempre que os seus fillos en lugar de traer un pan baixo o brazo viñeron cargados de libros porque con eles redescubriu o amor pola literatura infantil.

Leva dende 2016 dedicándose de cheo a súa paixón, tanto é así que fundou o seu propio selo editorial “Entre Nubes y Cuentos”.

Hoxe percorre colexios, feiras e bibliotecas narrando as súas historias, acompañada sempre dos protagonistas que xa non so viven na súa cabeza, senón que agora forman parte da hora do conto de moitos cativos ao redor do mundo.

Valoracións das lectoras e lectores
5.0
1 valoracións

5 estrelas

100%

4 estrelas

0%

3 estrelas

0%

2 estrelas

0%

1 estrelas

0%
Avatar
Ana Arias Castro
5

Recentemente veu Ana Meilán polo meu centro escolar e deixou este libro que acabo de ler agora, Xertrudis precisa vacacións, un simpático libro publicado por Entre nubes y cuentos no que Xertrudis e o seu mozo Bladislavo sofren diferentes experiencias vacacionais. Esta novela é a secuela de Xertrudis busca traballo pero ambas obras poden lerse perfectamente de forma independente. Xertrudis é unha bruxa descontenta coa vida, co seu traballo no tren de ela mesma, descontenta cos nenos que lle tiran do pucho, mentres que Bladislavo é todo o contrario, sempre lle ve o bo lado á todo: nenos, comida, tempo, lugares... Nesta busca dunhas vacacións reparadoras van ter diferentes experiencias para desfrute de Bladislavo e para desgusto de Xertrudis, todas elas moi divertidas para os lectores. Xertrudis ten que probar diferentes tipos de experiencias ata atopar o seu lugar perfecto para o descanso. Moitos guiños tamén para o público de máis idade: esa nena da montaña co seu amigo cabreiro e o seu avó solitario ou o príncipe doutro planeta. Bladislavo e a súa picurruchiña son dous personaxes memorables que de seguro van ter máis aventuras e a edición con tantas ilustracións tan chulas a cargo de Agustina Mattar é sumamente atractiva para as lectoras e lectores que entren na historia. Parece unha obra destinada para un público que lea de forma independente pero que aprecie a fantasía. Posiblemente a partir duns 8 anos e ata uns 12 pero quen non teña un gran nivel lector beneficiarase das numerosas ilustracións, interliñado xeneroso e capítulos breves que animan a coller o libro. Creo que xa estou agardando unha nova historia de Xetrudis e Bradislavo!

Outros libros de Ana Meilán

Á comunidade gustoulle…

Subscríbete ao noso boletín

e descubre todas as novidades do libro en galego