Empregamos cookies para mellorar a experiencia, análises e contido personalizado.
Podes aceptar todas, rexeitar as non necesarias ou configurar.
Máis info na política de cookies e
privacidade.
Anxo Serafín Porto Ucha é doutor en Filosofía e Ciencias da Educación. Foi profesor titular de Didáctica e Organización Escolar na Facultade de Ciencias da Educación da Universidade de Santiago de Compostela e profesor ad honorem. Escribiu numerosos traballos sobre a Institución Libre de Enseñanza (ILE), a depuración do maxisterio durante a Guerra Civil e os procesos de formación docente.