Empregamos cookies para mellorar a experiencia, análises e contido personalizado.
Podes aceptar todas, rexeitar as non necesarias ou configurar.
Máis info na política de cookies e
privacidade.
RAMÓN MÁIZ é catedrático de Ciencia Política na Universidade de Santiago de Compostela. A súa investigación céntrase sobre todo nos ámbitos da teoría política, nacionalismo, federalismo e clientelismo. No que ser refere ó nacionalismo ten publicado diversos artigos e, entre outros, libros como: Alfredo Brañas. O ideario do rexionalismo católico tradicionalista (1983); O rexionalismo galego: organización e ideoloxía 1886-1904 (1984); ademais foi o director da Edición crítica de «Sempre en Galiza» (1992); coautor de O sistema político de Galicia. As Institucións (1994) e codirector con Beramendi e Núñez de Nationalism in Europe. Past and Present (1994). En 1997 publicou en Xerais o ensaio Idea de Nación.