Nesta traxedia contemporánea, como a define o autor, participan cinco personaxes alegóricos e nela faise unha crítica á sociedade do século pasado válida tamén para o actual, tal como van as cousas- partindo da intolerancia e represión provocadas por unha guerra por unha ditadura- que levan mesmo…
Roberto Salgueiro González, nado en Caracas o 24 de outubro de 1966, é un escritor e director de teatro galego.
Licenciado en Filoloxía Hispánica pola Universidade de Santiago de Compostela e DEA en Teoría da Literatura, é director da Aula de Teatro da USC. Traballou para as compañías Teatro da Lúa, Uvegá-Teatro, Teatro do Atlántico e Talía Teatro. Colaborou en revistas teatrais.
Os seus traballos escénicos representáronse en numerosos teatros de España, así como en Francia, Portugal, Noruega, Países Baixos, Bélxica, Alemaña, Lituania, Estonia, Marrocos e Os Estados Unidos.
e descubre todas as novidades do libro en galego