De casa e solar coñecidos. Fidalguía e cultura palaciana na Galiza do último milenio constitúe unha definitiva aproximación ao mundo da fidalguía galega que tanta repercusión posúe na literatura galega. Porén, este traballo preséntase como unha análise máis que útil para o eido da filoloxía galega;…
Xulio Pardo de Neyra, nado en Lugo o 18 de setembro de 1968, é un escritor e ensaísta galego.
Licenciado en Filoloxía pola Universidade de Santiago de Compostela e Doutor en Filoloxía Galega e Doutor en Historia Contemporánea pola mesma, así como Doutor Europeo en Didáctica da Lingua e a Literatura pola Universitat de València. Dá clases na Universidade da Coruña, onde imparte lingua e literatura galegas e a súa didáctica.
Nas súas teses de doutoramento abordou a relevancia de Evaristo Correa Calderón no sistema literario galego e a introdución do vangardismo na Literatura galega; a repercusión e actualización literaria da figura do heroe cabaleiresco masculino nas lendas de familia e mais na literatura da Galiza contemporánea, e o mito da muller acuática nas literaturas europeas. Anteriormente foi profesor na Universidade de Compostela, na da Estremadura, na Universidade Católica Portuguesa.
Desde moi novo comezou a escribir nos medios xornalísticos galegos, aos dezanove anos vía a luz o seu primeiro libro, e conta na actualidade cunha trintena de ensaios sobre literatura galega.
e descubre todas as novidades do libro en galego