1. INICIO
  2. > Libros
  3. > DE ROSA ANTIGA
DE ROSA ANTIGA

DE ROSA ANTIGA

HELENA VILLAR JANEIRO
0.0 Sen valoracións
0 veces listado

De rosa antiga pretende celebrar as vodas de ouro de Helena Villar Janeiro coa poesía (1972-2022); unha escolma que poida ser mostra significativa do que leva dado de si a polifonía dun canto que se iniciou hai cincuenta anos, con Alalás (1972). Poeta serodia e non doada de situar nun grupo…

Que che pareceu este libro?
Axuda a outras persoas deixando a túa opinión sobre este libro
Editorial
EDITORIAL GALAXIA, S.A.
Data publicación
2022-09-28
Idioma
GALEGO
ISBN
978-8-4915-1922-5
EAN
9788491519225
HELENA VILLAR JANEIRO

HELENA VILLAR JANEIRO

Ver autora

Helena Villar Janeiro, nada en Becerreá o 28 de setembro de 1940, é unha escritora galega. Membro correspondente da Real Academia Galega desde 2017.

Despois de rematar o bacharelato, fixo estudos de Maxisterio en Lugo e posteriormente licenciouse en Filosofía e Letras (Sección de Pedagoxía) na Universidade de Madrid, exercendo como profesora de ensino primario e secundario, acabando a súa carreira profesional en Santiago de Compostela. Como escritora cultiva varios xéneros, especialmente a poesía e a narración, pero dedicando unha atención moi particular á literatura infantil e xuvenil. Pertenceu ao colectivo poético Cravo Fondo. Dende 2005 ata 2012 foi presidenta da Fundación Rosalía de Castro e tamén, nese mesmo período, membro do Plenario do Consello da Cultura Galega.

Casada co escritor Xesús Rábade, é a nai da poeta María do Cebreiro e do músico de jazz Abe Rábade. Traballou en fotografía, tendo participado en varias exposicións.

Valoracións das lectoras
0.0
0 valoracións

5 estrelas

0%

4 estrelas

0%

3 estrelas

0%

2 estrelas

0%

1 estrelas

0%
Aínda non hai recensións.

Outros libros de HELENA VILLAR JANEIRO

Á comunidade gustoulle…

Subscríbete ao noso boletín

e descubre todas as novidades do libro en galego

Denunciar

Por que queres denunciar este contido?

Motivo

O equipo de M8 por ler revisará a denuncia. A persoa denunciada non saberá quen a fixo.