1. INICIO
  2. > Libros
  3. > DONA E DON (L)
DONA E DON (L)

DONA E DON (L)

XESÚS RÁBADE PAREDESHELENA VILLAR JANEIRO
0.0 Sen valoracións
0 veces listado

Este libro está cheo de música. Abreo. Achégao ao oído. Escoita... ¿Que oes? O vento. Na voz do vento todos os seres do mundo contan algún anaco da súa vida. Os animais, as plantas, a lúa, o sol... Todos a falar dalgún segredo que antes non coñeciamos. A voz do vento para as páxinas deste libro e…

Que che pareceu este libro?
Axuda a outras persoas deixando a túa opinión sobre este libro
Editorial
EDITORIAL GALAXIA, S.A.
Data publicación
2004-03-01
Páxinas
60
Idioma
GALEGO
ISBN
978-8-4828-8676-3
EAN
9788482886763
Formato
TAPA BLANDA O BOLSILLO
XESÚS RÁBADE PAREDES

XESÚS RÁBADE PAREDES

Ver autora

Xesús Rábade Paredes, nado en Seixas (Cospeito) o 20 de xaneiro de 1949, é un profesor e escritor galego.

Comezou a traballar de carteiro e estivo un tempo en Berna (Suíza) traballando nos anos setenta. Posteriormente dedicouse ao ensino de lingua e literatura en secundaria nos IES Xelmírez e Rosalía de Castro.

Literariamente ten cultivado o ensaio, a narrativa e a poesía. Comezou moi cedo a súa carreira literaria e figura na antoloxía Os novísimos da poesía galega. Traballou en tarefas de normalización lingüística e cultural: formación do profesorado, reforma educativa, elaboración de textos e material escolar, publicación en prensa de numerosos artigos, algúns recollidos en libro, sobre a situación social da lingua. De 1992 a 1995 foi Coordinador Docente de Lingua galega.

Membro do colectivo de renovación poética Cravo Fondo, a súa obra foi antologada e traducida a varias linguas. É membro fundador do PEN Clube de Galicia.

Está casado con Helena Villar Janeiro, sendo os pais da poeta María do Cebreiro Rábade e do músico de jazz Abe Rábade.

Ten usado o pseudónimo de Matalobos.

Valoracións das lectoras
0.0
0 valoracións

5 estrelas

0%

4 estrelas

0%

3 estrelas

0%

2 estrelas

0%

1 estrelas

0%
Aínda non hai recensións.

Outros libros de XESÚS RÁBADE PAREDES

Á comunidade gustoulle…

Subscríbete ao noso boletín

e descubre todas as novidades do libro en galego

Denunciar

Por que queres denunciar este contido?

Motivo

O equipo de M8 por ler revisará a denuncia. A persoa denunciada non saberá quen a fixo.