1. INICIO
  2. > Libros
  3. > DOS AFECTOS, O RÍO
DOS AFECTOS, O RÍO

DOS AFECTOS, O RÍO

Sofía Ruvira
0 veces listado

Volver á casa dos avós parecía unha forma de honrar o pasado e a memoria dos seus. Unha xornalista regresa á vila familiar na procura de respostas e atopa caixas cheas de cartas, documentos e lembranzas dunha historia que apenas coñecía: a dun avó que loitou pola súa xente e polo río, que se…

Que che pareceu este libro?
Axuda a outras persoas deixando a túa opinión sobre este libro
Editorial
Editorial Galaxia, S.A.
Data publicación
2026-10-26
Idioma
GALEGO
ISBN
978-8-4117-6645-6
EAN
9788411766456
Avatar

Sofía Ruvira

Ver autora
Sofía Ruvira (Allariz, 1996) é escritora e investigadora. Conta cun mestrado en Filosofía, pola Universidade de Santiago de Compostela e outro en Literaturas Hispánicas e Lusófonas pola Universidade de Yale, onde desenvolve o seu doutoramento. Colaborou en medios de comunicación como Praza Pública e Nós Diario. O seu traballo artístico, literario e académico recibiu apoio da Fundación Fulbright, a Xunta de Galicia, o Women Faculty Forum e o MacMillan Center. A súa escrita apareceu en revistas como Dorna. Expresión poética Galega, Clara Corbelhe e The Brooklyn Rail, e deu ao prelo Os corpos fráxiles (2024), Canícula (2025) e El arte de traspasar la escritura (2026). Dos afectos, o río é a súa segunda novela.
Valoracións das lectoras
4.0
1 valoracións

5 estrelas

0%

4 estrelas

100%

3 estrelas

0%

2 estrelas

0%

1 estrelas

0%
Avatar
Ana Arias Castro
4

Por fin tiven a oportunidade de ler o último Premio Illa Nova deste ano, Dos afectos, o río, de Sofía Ruvira que publica agora Galaxia. En Dos afectos, o río a narradora é unha xornalista que chega a súa aldea de Tras os montes con vistas a investigar a figura do seu avó e a insurrección que tivo lugar en 1985 na que acabou no cárcere por defender o seu río Arnoia derivando así na caída do alcalde nese momento. Este feito histórico no que o personaxe de Lelo e o avó Benito lideraron a revolta popular é o que a ollos da narradora fai do seu avó un home interesante. A chegada á aldea, as preguntas a veciños e concello van facendo que aparezan novas capas na figura do avó. Novas capas que non podía esperar porque a marcha da familia cara a cidade cando ela era pequena impediu a conexión con ese mundo rural e os seus habitantes. A estadía na casa familiar de Tras os Montes tamén permite a análise de fotos, documentos e obxectos varios que a levan ao pasado mentres mantén o seu traballo como xornalista a distancia e a familia segue na cidade preguntando polo seu regreso. A xornalista decatarase de que a figura do avó, da avoa, da nai e do resto dos protagonistas non ten unha única cara e ela mesma é filla desas figuras que logra albiscar entre conversas, fotos, vídeos e recordos. A viaxe que fai será tamén cara ela mesma pois somos herdeiros dos que nos precederon. Os temas que trata a obra son variados: as nosas contradicións como persoas, a identidade persoal, a busca por coñecer o noso pasado, as dificultades das persoas TEA, ou a revolta social como elemento revulsivo na sociedade. Dísenos que o propio avó Benigno naceu o mesmo ano que Neruda publicou Vinte poemas de amor (perfecta imaxe tamén Neruda da contradición entre o personaxe e a persoa). Unha bonita descuberta esta autora con esta narración que atrapa á lectora e que nos leva a personaxes complexos como a vida mesma.

Outros libros de Sofía Ruvira

Á comunidade gustoulle…

Subscríbete ao noso boletín

e descubre todas as novidades do libro en galego