1. INICIO
  2. > Libros
  3. > PANTASMADAS
PANTASMADAS

PANTASMADAS

ANDREA GARCÍA MARTÍNEZ
0 veces listado

O avó Seronio é o último veciño de Treboeiro, un lugar envolto en néboas, vellas historias e habitantes moi pouco comúns... Cando a súa filla chega disposta a levalo con ela e a súa familia á cidade, Seronio terá que demostrar que, aínda que non saiba nin fritir un ovo, non está tan só como pensan.…

Que che pareceu este libro?
Axuda a outras persoas deixando a túa opinión sobre este libro
Editorial
Edicións Xerais
Data publicación
2026-04-30
Idioma
GALEGO
ISBN
978-8-4111-0801-0
EAN
9788411108010
Avatar

ANDREA GARCÍA MARTÍNEZ

Ver autor

Andrea García Martínez naceu no ano 2000 en Santiago de Compostela, aínda que vive desde nena en Sigüeiro (Oroso), onde pasaba o seu tempo imaxinando historias de aventuras e misterio, as cales compartía a través do debuxo e do teatro. 

No ano 2018 trasládase a Ourense para formarse como ilustradora na EASD Antonio Faílde, onde cursa tamén estudos superiores de Deseño de Interiores. «Animais fantástisco de aldea» (Xerais, 2023), con texto e ilustracións da autora, é a súa primeira obra publicada. En Xerais tamén é autora e ilustradora de «Pantasmadas» (2026), obra finalista do Premio Merlín 2025.

Valoracións das lectoras e lectores
5.0
1 valoracións

5 estrelas

100%

4 estrelas

0%

3 estrelas

0%

2 estrelas

0%

1 estrelas

0%
Avatar
Ana Arias Castro
5

Collín onte na biblioteca Pantasmadas, a novela coa que Andrea García Martínez quedou finalista no Premio Merlín en 2025 e non puiden evitar poñer ao lado a lectura coa que estaba para deixarlle paso a esta. Pantasmadas é unha novela infantil que presenta uns personaxes do máis interesante: o avó Seronio que é xa o único habitante de Treboeiro e a quen a súa filla Lena e a súa familia queren levar para a cidade. Seronio vive terriblemente afastado do resto do mundo nunha casa na que convive con diversas pantasmas que teñen... digamos certas peculiaridades. Para empezar, o correo está a cargo do xabarín Marmelo, tamén temos a Pánfilo, a Xurxo Reberete, dona Clementina e á avoa Petunia. Nin tan mal como compañía para Seronio! Ao saber que Lena, o seu home e o seu fillo Martiño veñen para levar canda eles ao pobre Seronio, as pantasmas deciden tomar medidas aínda que non sempre lles saia todo como pensaban. Divertidísimas as pantasmas e moi lograda a trama que remata con algunha sorpresiña pois o mundo das pantasmas parece estar sempre aberto a novas incorporacións. Unha novela moi divertida e na que se agradecen as abundantes ilustracións tamén da autora. Creo que é unha boa idea que se conte con tantas ilustracións que apoian moito ao texto e contribúen a facilitar a lectura daqueles lectores que se asusten con moito texto por páxina. Pode ser unha lectura adecuada para nenas e nenos de 8 a 12 anos que, en todo caso non deberían ter medo ao ver que hai pantasmas polo medio pois é un libro do máis entretido e ameno.

Outros libros de ANDREA GARCÍA MARTÍNEZ

Á comunidade gustoulle…

Subscríbete ao noso boletín

e descubre todas as novidades do libro en galego