1. INICIO
  2. > Libros
  3. > A IDENTIDADE
A IDENTIDADE

A IDENTIDADE

Manuel Darriba
0 veces listado

Un personaxe, un eu, escritor insatisfeito, desdóbrase en catro diálogos sobre cuestións fundamentais (o sexo, o éxito, a familia, a morte) e dá a coñecer un feixe de relatos arredor do misterio da identidade. Como se forma? Como se modela? En que medida depende da contorna, da Historia e das…

Que che pareceu este libro?
Axuda a outras persoas deixando a túa opinión sobre este libro
Editorial
Edicións Xerais
Data publicación
2026-06-25
Idioma
GALEGO
ISBN
978-8-4111-0833-1
EAN
9788411108331
Avatar

Manuel Darriba

Ver autor
Manuel Darriba (Sarria, 1973) é guionista, poeta e narrador. Traballou como xornalista, dirixiu revistas técnicas e dende 2011 dedícase á escritura creativa. Recibiu premios como o González Garcés de poesía, o Lueiro Rey de novela curta ou o Fernández del Riego de xornalismo literario, entre outros. Escribe guións para programas e series de televisión («Land Róber», «Malo será!», «O Faro», «Serramoura»...). Debutou na narrativa en 1997 coa novela xuvenil «Paf Xarope», á que seguiron títulos como «Velada do billarista» (2001), «Accidental» (2003), «O bosque é grande e profundo» (Xerais, 2013), os tres publicados tamén en castelán, o libro de relatos «Elefante» (Xerais, 2018), «A realidade» (Xerais, 2021) e «A identidade» (Xerais, 2026). Coa súa incursión na narrativa infantil («Brais e os demais», 2010) foi finalista do Premio Frei Martín Sarmiento (2012). É autor dos poemarios «Calor» (1997), «Vostede non sabe con quen está a falar» (Premio Espiral Maior 2004) e «Os indios deixaron os verdes prados» (Premio González Garcés 2010). É autor, con Daniel Salgado, da crónica política «AGE. A emerxencia da Alternativa Galega de Esquerda» (2013). Sobre «O bosque é grande e profundo» (Xerais, 2013), a crítica dixo: «Unha das obras máis orixinais e innovadoras da literatura galega dos últimos anos» (Francisco Martínez Bouzas, blog «Novenoites»); «Brutal, terrible e inmisericorde [...], unha subxugante novela» (Armando Requeixo, «Diario de Ferrol»); «Una trama poblada de la crueldad de los cuentos clásicos. Nos sorprende y nos zarandea» (Care Santos, «El Mundo»); «Collage intelixente e lúcido, experimental, eco de avangardas xa vividas [...] necesarias neste tempo de literatura branda» (Xosé Carlos Caneiro, «La Voz de Galicia»); «Unha lectura engaiolante e arriscada [...], unha obra de fondo alento» (Ramón Rozas, "El Progreso"). Sobre «Elefante» comentouse que está «no ronsel do mellor Borges (...), nos ecos do Carver máis inquedante» (Armando Requeixo, «Diario de Ferrol»).
(Foto do autor: Toño de López )
Valoracións das lectoras e lectores
4.0
1 valoracións

5 estrelas

0%

4 estrelas

100%

3 estrelas

0%

2 estrelas

0%

1 estrelas

0%
Avatar
Ana Arias Castro
4

Acabei hoxe A identidade, un libro de relatos de Manuel Darriba publicado en Xerais. Un libro breve pero intenso. Nesta obra atopamos catro diálogos iniciais nos que un Eu que vai evolucionando no tempo (de 20, 30, 40 e 50 anos) e establecendo un diálogo con Alter, que se mantén nos seus 70 anos. Eses catro diálogos presentan preguntas e situacións típicas de cada unha das etapas que corresponden a cada década. Preguntas e inseguridades que case todos compartimos nalgún momento da nosa vida. Fácil sentirse identificado coas situacións que atopamos (parella, familia, os fillos, os pais) e coas encrucilladas vitais. Despois temos trece relatos que son moi diferentes entre si: Diferentes nas situacións que nos presentan, nos seus protagonistas e as decisións que teñen ante si. Atopamos varios sobre temática bélica nos que a vida ten pouco valor e só é un elemento máis moitas veces irrelevante, sobre sucesos deses que nos cambian a vida nun segundo e cuxa relevancia no momento non podemos apreciar, sobre a morte e a súa onda expansiva nos vivos. Moitos relatos nos que a vida vai conformando aos protagonistas que xa nunca volverán ser os mesmos. Van sendo máis eles mesmos segundo a vida os modela e eses momentos nos que o cicel traballa son os que lemos nos relatos. Un libro de lectura aparentemente doada pero que dá que pensar. Encantoume a escolla de Hans como último relato pois é a metáfora perfecta do que é a nosa vida: ese vagón que nos leva sen que acabemos moi ben de saber como ou por que. Un libro desde logo moi recomendable para os amantes do relato e que desexen algo que deixe pouso.

Outros libros de Manuel Darriba

Á comunidade gustoulle…

Subscríbete ao noso boletín

e descubre todas as novidades do libro en galego