1. INICIO
  2. > Libros
  3. > ONDE BATE O MAR
ONDE BATE O MAR

ONDE BATE O MAR

Raquel Fernández Fernández
0 veces listado

En diferentes puntos do litoral das Rías Baixas, despois dunha noite de treboada, aparecen os cadáveres dun experimentado navegante danés e dun veterano percebeiro de Baiona. As sorprendentes coincidencias entre eles e as circunstancias das súas mortes provocarán moita confusión na investigación que…

Que che pareceu este libro?
Axuda a outras persoas deixando a túa opinión sobre este libro
Editorial
Edicións Xerais
Data publicación
2026-09-10
Idioma
GALEGO
ISBN
978-8-4111-0862-1
EAN
9788411108621
Avatar

Raquel Fernández Fernández

Ver autor
Raquel Fernández Fernández (Nigrán, 1972) exerce como «chef» nun restaurante da súa propiedade no Val Miñor. A pesar do afastado do mundo literario que poida parecer o seu día a día, a literatura e a escrita sempre formaron parte da súa vida.
Ao longo dos últimos anos conseguiu máis dunha quincena de diferentes premios polo seu labor poético e narrativo, entre eles o Certame Literario do Concello de Ames (2020) nas modalidades poesía e narrativa, o segundo premio de poesía do certame Manuel Orestes Rodríguez do Concello de Paradela (2020), o primeiro premio de Relato Curto en Prol da Igualdade do Concello de Melide (2021), o Certame de Microrrelatos do Concello de Vilalba (2020, 2022, 2023) ou o Premio de narrativa do concurso Literario Xaime Illa Couto (2022).
En marzo de 2024 publicou a novela «Contas de Buxo», dirixida ao público xuvenil. En xuño dese mesmo ano resultou gañadora do XVI Premio Jules Verne de Literatura Xuvenil con «I'm Obélix» (Xerais, 2024). «Onde bate o mar» (Xerais, 2026) é a súa primeira novela para lectorado adulto.
Valoracións das lectoras e lectores
4.0
1 valoracións

5 estrelas

0%

4 estrelas

100%

3 estrelas

0%

2 estrelas

0%

1 estrelas

0%
Avatar
Ana Arias Castro
4

📚Canto me tardou ter entre as mans este Onde bate o mar de Raquel Fernández, pero confiaba que me gustase tanto coma os seus libros xuvenís anteriores e desde logo non me decepcionou! En Onde bate o mar atopamos dous crimes case simultáneos con demasiadas coincidencias tanto temporais como respecto a que as vítimas son ámbalas dúas danesas. Morten Holm levaba xa unha década vivindo en Baiona mentres que Mikkel Vincens acaba de chegar no seu barco á vila. Como ben sabemos os lectores de novela negra as casualidades non existen, algo que loitarán moito por comprender desde o equipo do inspector Antúnez e a tenenta Lomba aínda que en principio non parece haber conexión entre ambos homes. A presenza de viquingos na zona no pasado, as estrañas runas que aparecen, dous naufraxios antigos na zona e o traballo dos percebeiros furtivos proporcionan un fondo de elementos aparentemente inconexos que a narración irá pouco a pouco tecendo para construír relacións entre eles. Paralelamente os investigadores terán que solventar os seus conflitos persoais desde Galicia e Dinamarca de forma paralela á resolución contra reloxio do crime antes de quedar relegados no caso de que non se resolva. Ben escrita, con capítulos áxiles e unha resolución sorprendente, esta novela engancha desde a primeira páxina permitindo ver a unha narradora que consegue crear personaxes interesantes e unha trama que nos mantén enganchados sen poder pousar o libro. O mellor para min foi a visión que temos do interior dos personaxes, da dificultade das relacións interpersoais e deses sentimentos expresados unhas veces, reprimidos outras. Que gran paseo por Baiona e por terras escandinavas!

Outros libros de Raquel Fernández Fernández

Á comunidade gustoulle…

Subscríbete ao noso boletín

e descubre todas as novidades do libro en galego