1. INICIO
  2. Libros
  3. OS MORTOS QUE AMEI
OS MORTOS QUE AMEI

OS MORTOS QUE AMEI

Iria Collazo López
0.0 Sen valoracións
0 veces listado

Celeste decidiu fuxir con 83 anos, un día de abril, o mes en que abren as rosas das cerdeiras. Atopou a maleta onde levaría as súas pertenzas entre mantas e mantóns de estopa, la e angora; blusas de seda en tons pasteis e colo con brocado; bolsos de coiro de res criada coa mesta herba eterna da

Que che pareceu este libro?
Axuda a outras persoas deixando a túa opinión sobre este libro
Editorial
Editorial Galaxia, S.A.
Data publicación
2026-01-19
Idioma
GALEGO
ISBN
978-8-4117-6541-1
EAN
9788411765411
Avatar

Iria Collazo López

Ver autor
Iria Collazo López (1981) naceu en Barro, na mesma terra onde Celeste daba en turrar pola cavadora, e desde os sete anos reside en Moaña, a carón do mesmo mar en que Antón nunca foi quen de faenar. É profesora de Ensino Secundario e, como dicía súa avoa, “literata”, con varias obras publicadas: Coma unha áncora (2015), A soidade das medusas (2016) e A casa do paralelo 54 (2019), todas na colección Costa Oeste de Editorial Galaxia. En 2020 publicou o poemario De casa queimada, gañador do segundo premio do certame Torre da Caldaloba. En 2021 recibiu a I Bolsa Intercambio Xacobeo 21 Galicia-Xeorxia e, grazas á estadía dun mes na Writer’s House de Tbilisi, puido rematar Os mortos que amei, dedicada á memoria dos seus avós.
Valoracións das lectoras e lectores
0.0
0 valoracións

5 estrelas

0%

4 estrelas

0%

3 estrelas

0%

2 estrelas

0%

1 estrelas

0%
Aínda non hai reseñas.

Outros libros de Iria Collazo López

Á comunidade gustoulle…

Subscríbete ao noso boletín

e descubre todas as novidades do libro en galego