Ola, doulle un 3'5 a esta obra. O autor véselle que ten "táboas" nisto de escribir, permitindo que a historia vaia avanzando a un ritmo correcto, a veces sen contar moito, e noutras pasan moitas cousas en poucas páxinas, pero todo sen perderse polo monte adiante. En canto a historia enmárcase na invasión romana e a loita cós pobos celtas. Non sei ata que punto se manten o rigor histórico, pero é unha obra entretida que te vai enganchando mentres vas coñecendo aos protagonistas, os personaxes da historia e todo o que rodea a cultura celta. Como punto negativo hai que perdoarlle certo punto de converter a algúns persoaxes se apenas experiencia en grandes soldados e estrategas, se non somos moi tiquismiquis con estas cousas temos unha historia entretida e ben elaborada.