1. INICIO
  2. Libros
  3. INFAMIA
INFAMIA

INFAMIA

Ledicia Costas
0 veces listado

Emma Cruz é avogada e profesora de Dereito Penal. Trasládase a Merlo para impartir clases na Universidade, sen saber que ese lugar está marcado pola desgraza. A súa chegada coincide co 25 aniversario da desaparición das irmás Giraud, dúas nenas ás que semella que tragou a terra. Emma axiña

Que che pareceu este libro?
Axuda a outras persoas deixando a túa opinión sobre este libro
Editorial
XERAIS
Idioma
GALEGO
ISBN
978-8-4912-1536-3
EAN
9788491215363
Formato
LIBRO EN OTRO FORMATO
Avatar

Ledicia Costas

Ver autor

Ledicia Costas Álvarez, nada en Vigo o 19 de setembro de 1979, é unha escritora galega. Gañou o Premio Nacional de Literatura infantil e xuvenil de España en 2015, pola súa obra Escarlatina, a cociñeira defunta e tres veces o Premio Lazarillo. Empezou moi nova no mundo da literatura, escribindo as súas primeiras novelas en plena adolescencia. Licenciada en Dereito Económico pola Universidade de Vigo, desde hai varios anos dedícase en exclusiva á creación literaria. É unha das coordinadoras da revista dixital Criaturas, dedicada á Literatura Infantil e Xuvenil de Galicia. En 2020 foi Premio da Cultura Galega e en 2023 Medalla Castelao. 

É unha das escritoras máis traducidas e recoñecidas de literatura infantil e xuvenil da literatura galega, e os seus libros son constantemente reeditados e foron traducidos a varios idiomas. Foi a primeira persoa en gañar tres veces o Premio Lazarillo (2015, 2017, 2021). No último (A lebre mecánica) os membros do xurado emitiron o fallo por unanimidade sinalando que se trata dunha "obra cun bo nivel de linguaxe para adolescentes" que abrangue temas como a diversidade de xénero e o xogo, e que combina o relato "de forma equilibrada e os diálogos con “reflexións contrastadas acordes coas vivencias da idade”. 

Valoracións das lectoras e lectores
4.0
7 valoracións

5 estrelas

43%

4 estrelas

43%

3 estrelas

0%

2 estrelas

0%

1 estrelas

14%
Avatar
Carme Fouces
5

Merlo. Ledicia volveu a facelo

Avatar
Leo No
1

Que pouco me gustou. Xa sei que vou a contracorrente como o paxariño branco de papel da capa do libro e que a moitos lle encantou, pero para min é un libro a medio cocer, cheo de diálogos que non funcionan e situacións pouco cribles. A autora escribe sobre un tema (abusos sexuais a menores), claro, que non podemos sentir desapego. Outra cousa é o popurrí literario que se nos ofrece. Nin se soubo fechar ben a historia. Final aberto dirán moitos. Eu creo que é como ir ao cine a ver unha película na que se fía todo a un final sobrecolledor e que de súpeto acabe con un continuará...

Outros libros de Ledicia Costas

Á comunidade gustoulle…

Subscríbete ao noso boletín

e descubre todas as novidades do libro en galego