1. INICIO
  2. > Libros
  3. > O INSPECTOR DE EDUCACIÓN MANUEL DÍAZ ROZAS 1894-1984
O INSPECTOR DE EDUCACIÓN MANUEL DÍAZ ROZAS 1894-1984

O INSPECTOR DE EDUCACIÓN MANUEL DÍAZ ROZAS 1894-1984

ANTÓN COSTA RICO
0.0 Sen valoracións
0 veces listado

O inquedo inspector de educación primaria Manuel Díaz Rozas (1894-1984), que exerceu en Galicia desde 1920, inscribiuse na atmosfera que preludiaba a chegada da II República. Foi presidente da sección de Pedagoxía do SEG, defendeu a autonomía política de Galicia e a galeguización escolar e foi, logo…

Que che pareceu este libro?
Axuda a outras persoas deixando a túa opinión sobre este libro
Editorial
EDITORIAL GALAXIA, S.A.
Data publicación
2026-07-22
Idioma
GALEGO
ISBN
978-8-4117-6620-3
EAN
9788411766203
ANTÓN COSTA RICO

ANTÓN COSTA RICO

Ver autora

Antón Costa Rico, nado en Castellar de la Frontera (provincia de Cádiz) o 28 de setembro de 1952, é un pedagogo galego de orixe andaluza.

Fillo dunha familia modesta, con catro meses de idade, os seus pais trasladáronse a Galicia, á Mariña de Lugo. É nesta provincia onde comezou os seus estudos no Seminario de Mondoñedo. Posterioermente, decidiu estudar o Grao de Pedagoxía na Universidade Pontificia de Salamanca.

Doutorouse pola Universidade de Salamanca en 1982, cunha tese sobre a historia da escola primaria en Galicia entre 1900 e 1936. Foi un dos fundadores do movemento de renovación pedagóxica Nova Escola Galega en 1983. É membro do Seminario de Estudos Galegos, ao que representa no Consello Escolar de Galicia. Foi un dos promotores das revistas pedagóxicas As Roladas (1980) e Revista Galega de Educación (1986).

De 1985 a 2010 foi profesor na Facultade de Filosofía e CC. da Educación da Universidade de Santiago de Compostela. En 2010, exerceu como Catedrático na mesma Facultade, ata a súa xubilación en 2020.

É presidente da Asociación Española de Historia da Educación.

Valoracións das lectoras
0.0
0 valoracións

5 estrelas

0%

4 estrelas

0%

3 estrelas

0%

2 estrelas

0%

1 estrelas

0%
Aínda non hai recensións.

Outros libros de ANTÓN COSTA RICO

Á comunidade gustoulle…

Subscríbete ao noso boletín

e descubre todas as novidades do libro en galego

Denunciar

Por que queres denunciar este contido?

Motivo

O equipo de M8 por ler revisará a denuncia. A persoa denunciada non saberá quen a fixo.