A recuperación dun clásico maxistral. Un álbum valente e orixinal, unha reflexión sobre o machismo e a discriminación de xénero chea de ironía e sentido do humor. Bule co almorzo, muller! Bule co almorzo, mamá! berrábanlle todas as mañás á señora Porcón, como ocorre en moitos fogares, antes de…
Anthony Edward Tudor Browne (Gran Bretaña , 11 de setembro de 1946) é un autor e ilustrador de libros infantís de renome internacional con case corenta títulos publicados. Foi nomeado Home Children's Laureate para o período 2009-2011 en recoñecemento ao seu excepcional traballo no campo dos libros infantís. Browne crea unha narrativa poderosa coas súas acuarelas, mesturando realismo con toques surrealistas e fantásticos e efectos visuais humorísticos e enxeñosos.
O seu hábil uso da cor, os patróns e os fondos fomenta sutilmente a empatía cos seus protagonistas. Os gorilas aparecen en moitos dos libros de Browne, e afirma que está fascinado por eles e polo contraste que representan: a súa gran forza e dozura. A miúdo son considerados criaturas feroces, pero non o son.
e descubre todas as novidades do libro en galego