Esta biografía pretende ofrecer unha visión global da súa figura na procura dunha perspectiva integradora dos aspectos literarios, ideolóxicos e políticos que envolven o patriarca das letras galegas, todos eles entrelazados, e que non se poden entender uns sen os outros. Ramón Otero Pedrayo…
Non son de por estrelas, penso que a narración debe falar polas obras e non os números, pero este trebello forzame. Todo o mundo que queira achegarse a súa obra, aínda sendo esta pescuda acerca do Patriarca das Letras un texto dos anos 80, segue a manter un peso moi importante como guía sobre o autor. Tanto o seu aspecto biográfico como a análise sobre a súa obra é concisa e utilizada os autores dun xeito apropiado para construír unha obra ben feita. Baliñas, Casares, Calero, Beramendi, Dulin, Cunqueiro...entre moitos outrxs pasan polas páxinas tratando de transmitir a grandeza literaria dun mestre único. Mai reticente son co seu avance polo capítulo mais extenso sobre a ideoloxía de Pedrayo, pois non estou de todo seguro que o centro sexa o catolicsimo, fundamental si, pero non un peso tan fondo como se quere dar a entender. Proba disto é que para o análise desta parte os autores optan por abordar as súa obra xornalística, aínda citando de cando en vez ensaios ou obras literarias. Penso que unha figura poliédrica como Otero non se pode reducir ao impacto veloz das súas aparacións nos periódicos. Creo que se queremos afondar na súa ideoloxía é necesario unha análise completa de toda a súa obra, contextualizada aos tempos onde foron escritas e porque razón, pois nada é casual no autor da Auria. Aínda así, é un exercicio interesante que trata de sistematizar o seu pensamento, merece a pena. Confio no futuro poder dicir que puiden facer algo bo a favor deste honrado fidalgo, que tanto fixo por todos Nós.
e descubre todas as novidades do libro en galego