Empregamos cookies para mellorar a experiencia, análises e contido personalizado.
Podes aceptar todas, rexeitar as non necesarias ou configurar.
Máis info na política de cookies e
privacidade.
Silvio Santiago realizou neste libro unha crónica novelada dunha parte moi importante da súa vida e dos galegos e españois que viviron a contenda civil. Publicada logo da morte do seu autor, esta novela obtivo un gran éxito por parte dos lectores, así como o Premio da Crítica.
Que che pareceu este libro?
Axuda a outras persoas deixando a túa opinión sobre este libro
Silvio Santiago (Vilardevós, 1903-1974). Xornalista e escritor de formación autodidacta. Participou na fundación do Partido Sindicalista na Coruña. Por mor da Guerra Civil fuxiu a Portugal e dende alí a Venezuela. Neste país fundou o Lar Gallego, o Centro Gallego e foi director da Casa de Galicia, varias publicacións periódicas e incluso un programa radiofónico, Hora de Galicia. Colaborou en xornais e revistas ata a súa volta. É autor de dous libros narrativos, Villardevós (1961) e o póstumo O silencio redimido, que en 1977 lle valeu o Premio da Crítica.