1. INICIO
  2. > Autoras
  3. > ALBA TOMÉ
Avatar de ALBA TOMÉ

ALBA TOMÉ Perfil verificado

Uniuse en novembro de 2026
1 títulos
0 seguidoras
Alba Tomé (Vilagarcía de Arousa, 1996) é comunicadora audiovisual especializada en xornalismo. Traballou como redactora e columnista en medios como Diario Público, Revista Luzes e Gciencia. Entre 2021 e 2023 mergullouse na comunicación política no Congreso dos Deputados. Realizou diversos traballos como fotógrafa, así como presentadora e moderadora de conferencias e eventos públicos. Paralelamente á súa profesión, desenvolveu un intenso labor no activismo feminista desde a asociación O Soño de Lilith. Na actualidade coordina a comunicación do Instituto de Estudos e Desenvolvemento de Galicia (IDEGA) e traballa en proxectos culturais e musicais. As humidades é a súa primeira novela, coa que quedou finalista do Premio Illa Nova.

Libros de ALBA TOMÉ

AS HUMIDADES
AS HUMIDADES
ALBA TOMÉ
4 1 valoracións

Pregúntalle a ALBA TOMÉ

A túa pregunta quedará pendente ata que ALBA TOMÉ a responda; cando o faga, publicarase aquí. Mentres tanto, só ti podes vela.

Preguntas respondidas

Aínda non hai preguntas respondidas.

Subscríbete ao noso boletín

e descubre todas as novidades do libro en galego