Manuel Rosales Cereijo, nado en Ardán, Marín, en 1955, é un profesor e escritor galego.
É da primeira promoción de Galego-Portugués da Universidade de Santiago de Compostela, tamén é licenciado en Filoloxía Hispánica e fixo o doutoramento na USC coa tese Xénese e desenvolvemento da narrativa de Castelao (1909-1934), dirixida por Benito Varela Jácome.
Catedrático de Lingua Galega e Literatura, exerceu no IES Santa Irene de Vigo, no que foi moitos anos secretario, ata a xubilación. Tamén foi profesor asociado na Universidade de Vigo e na UNED.
Ten publicado artigos sobre literatura en Grial, A Trabe de Ouro, Eduga e Anuario de Estudios Literarios Galegos.
É tamén coautor de libros de lingua e literatura para o ensino secundario en Xerais.
e descubre todas as novidades do libro en galego