1. INICIO
  2. > Libros
  3. > BOUNDARIES ROAD
BOUNDARIES ROAD

BOUNDARIES ROAD

Cecilia F. Santomé
0 veces listado

Boundaries Road é unha marca no mapa da periferia anódina de Londres. Un sitio coma outro calquera ata que á porta do número 62 aparece Cecilia, que necesita un cuarto para alugar, e Natalie e Tom, que buscan unha inquilina temporal, a acollen sen pensalo demasiado. Nesa casa fermosa, exótica e…

Que che pareceu este libro?
Axuda a outras persoas deixando a túa opinión sobre este libro
Editorial
Edicións Xerais
Data publicación
2026-06-04
Idioma
GALEGO
ISBN
978-8-4111-0834-8
EAN
9788411108348
Avatar

Cecilia F. Santomé

Ver autor
Cecilia F. Santomé (San Simón, Vilalba, 1984) é tradutora, narradora e lingüista. Leva anos desenvolvendo o seu interese pola palabra escrita en eidos diversos, desde a redacción de contidos dixitais á formación en biblioteconomía. A súa experiencia en proxectos de xornalismo colaborativo («Toonari Post», «55 Pages») inspirou a creación de «Coolt», revista en liña que codirixiu e editou entre os anos 2016 e 2018. En 2017, recibiu o Premio Literario Nortear para a mocidade escritora de Galicia e do Norte de Portugal polo seu relato «34, Rue Saint Jacques». En 2021, foi recoñecida co 3º premio no Certame de Narracións Breves Manuel Murguía por «As orfas daquel verán». Publicou as novelas «Quérote. Eu tampouco» (Xerais, 2019), «Unha rapaza de provincias» (Xerais, 2021), «As despedidas» (Xerais, 2024) e «Boundaries Road» (Xerais, 2026), obra coa que gañou o XLIV Premio de Novela Eduardo Blanco-Amor 2025. Foto da autora: Te Valcárcel para Mermaid Photo.
Valoracións das lectoras e lectores
4.0
1 valoracións

5 estrelas

0%

4 estrelas

100%

3 estrelas

0%

2 estrelas

0%

1 estrelas

0%
Avatar
Ana Arias Castro
4

Hoxe rematei Boundaries Road de Cecilia F. Santomé e publicada por Xerais, a última novela coa que nos sorprende agora a autora. E digo que nos sorprende porque esta novela é moi innovadora formalmente. Boundaries Road preséntanos tres partes que están interconectadas pero que case poderían lerse de forma independente. Na primeira Cecilia busca e atopa unha habitación en Londes e acaba atopándoa na casa de Nathalie, Tom e Tobby. Na segunda parte a protagonista loita por datar un Picasso que pouco a pouco vai situando sen acabar de atopalo en ningún catálogo que manexa. Finalmente a parte final está centrada na historia familiar dunha familia Exipto-británica. É esta unha novela introspectiva que invita a unha lectura lenta e reflexiva. Como a vida mesma as historias non se pechan completamente senón que van quedando flocos. Iso si, as diferente liñas da trama están interconectadas e remiten a vivencias moi recoñecibles: a dificultade de expresarse e comprender cando non se manexa o idioma, a.comunicavión real na parella, as diferenzas culturais, a necesidade de saber e de fabular a partir dos elementos que imos atopando, así como a identidade ou a dureza de ser estranxeiro. Destacaría a atención ao detalle da novela e así como a capacidade para describir as sensacións e a percepcións dos personaxes. En definitiva, atopei unha novela formalmente moi audaz, con capítulos só levemente conectados entre si, pero deliciosamente ben escrita e que presenta moitas preocupacións da nosa sociedade actual. Un libro para unha lectura repousada e reflexiva.

Outros libros de Cecilia F. Santomé

Á comunidade gustoulle…

Subscríbete ao noso boletín

e descubre todas as novidades do libro en galego