1. INICIO
  2. Autores
  3. MARCOS LORENZO
Avatar de MARCOS LORENZO

MARCOS LORENZO

A Coruña , 1970
5 títulos
0 seguidores

Marcos Lorenzo Gallego, nado na Coruña en 1970, é un economista e antropólogo galego.

Licenciado en Económicas pola Universidade de Santiago de Compostela (1995), é Diploma de Estudos Avanzados en Antropoloxía Social polo programa de Doutoramento en Antropoloxía Social da USC (1997), máster en Cooperación Internacional, xestión de ONG's e voluntariado (1999) e posgrao en xestión cultural (2006).

Fundador e director da empresa e-Burbulla S.A., foi asesor cultural do Concello de Ferrol (2007-2009), e xerente da Asociación de Actores e Actrices de Galicia. Coordinou proxectos europeos para a Fundación Galicia Emigración e fundou a empresa de consultaría Cidadanía S. Coop. Galega. Foi técnico en xestión cultural do Concello de Ferrol entre os anos 2020 e 2024.

É membro da sección de Lingua, Literatura e Comunicación do Consello da Cultura Galega.

Libros de MARCOS LORENZO

Enser. O que son as cousas
Enser. O que son as cousas
A XESTIÓN CULTURAL EN GALICIA
A XESTIÓN CULTURAL EN GALICIA
DOUS ESCRITOS SOBRE A FELICIDADE
DOUS ESCRITOS SOBRE A FELICIDADE
Vividores Vol.I: Karlotti, un poema crónico
Vividores Vol.I: Karlotti, un poema crónico
Obras públicas
Obras públicas

Subscríbete ao noso boletín

e descubre todas as novidades do libro en galego