Carmen V. Valiña (Baio, A Coruña, 1985) é doutora en Historia Contemporánea, profesora na Universidade Europea Miguel de Cervantes (UEMC) e creadora e directora de PeriFéricas, Escola de feminismos alternativos (www.perifericas.es). Combina a investigación
sobre a memoria das mulleres anónimas dos séculos XIX e XX cunha vertente como escritora de ficción onde as lembranzas, o mundo rural e a autobiografía teñen un peso notable. Escribiu e publicou sobre xornalistas españolas en Oriente Medio e sobre as emigrantes da Terra de Soneira en Suíza, pero dende 2021 as mulleres internas no manicomio de Conxo son as grandes protagonistas da súa obra. En 2024 participou na Residencia Mariñán de Literatura e Pensamento e na Residencia Literaria da Illa de San Simón, que lle serviron para rematar este libro que agora tes entre mans. En 2025 publicou o ensaio As tolas que non o eran en Editorial Galaxia.
e descubre todas as novidades do libro en galego