Carlos Loureiro Rodríguez (Callobre, A Estrada, 1957) é licenciado en Filoloxía Románica. Foi profesor de Lingua Galega e editor das obras narrativas de Manuel García Barros Aventuras de Alberte Quiñoi, Contiños da Terra, Enredos, e Dos meus recordos; os
traballos xornalísticos A pluma insubmisa. Ensaios inéditos e Estampas desde o val. Artigos xornalísticos. 1901-1963, e da súa obra poética en Sonoridade das auras. Poesía reunida. En 2021 publicou a biografía, Manuel García Barros. Vida, obra e pensamento, todos eles publicados en Editorial Galaxia. Tamén editou obras de Varela Buxán e Antón Losada Diéguez, publicou o Dicionario de escritores de Tabeirós-Terra de Montes e coordinou obras de poesía e narrativa, ademais de formar parte do xurado de prestixiosos premios literarios. É socio de honor da sociedade Hijos del Ayuntamiento de La Estrada en Cuba e do Centro Unión Orensana da Habana.
e descubre todas as novidades do libro en galego