Estudou Belas Artes na Universidade de Barcelona, completou a súa formación en Boloña e Sevilla e, de volta en Barcelona, especializouse en ilustración na Escola Llotja. Ilustrou numerosos libros, traducidos a distintas linguas. En 2010 foi seleccionada pola
Feira Internacional do Libro Infantil e Xuvenil de Boloña para participar nunha exposición colectiva sobre Gianni Rodari. Nesta mesma feira volveu formar parte en 2017 doutra mostra dedicada á cultura catalá. En 2024 foi galardoada co Premio Internacional Compostela de Álbum Ilustrado pola obra “Bim Bam Bum”.
e descubre todas as novidades do libro en galego