Juan Galán (A Coruña, 1961) estudou Filoloxía Inglesa na USC e exerceu como profesor de inglés na Escola Oficial de Idiomas de Ferrol. Na súa faceta de escritor publicou obras de ficción como Romanza de los naranjos en flor (2021), El eco de tu voz (2022) e
Las tribulaciones de Bruno Lamas (2023). É investigador da memoria republicana de Galicia e vogal da xunta directiva da Asociación de Memoria Histórica Democrática de Ferrolterra. Colabora en diversas revistas e no Diario de Ferrol, onde conta cunha sección dedicada á memoria histórica democrática. Rotspanier. Un miliciano galego no exilio francés. 1939-1945 é o seu primeiro traballo de investigación histórica.
e descubre todas as novidades do libro en galego