1. INICIO
  2. > Autores
  3. > NEREA PALLARES
Avatar de NEREA PALLARES

NEREA PALLARES

Lugo , 1989
1 títulos
Avatar de SonAvatar de PauloAvatar de Maria OV
3 seguidores

Nerea Pallares Vilar, nada en Lugo o 10 de outubro de 1989, é unha xornalista e escritora galega.

Licenciada en Xornalismo pola Universidade de Santiago de Compostela. Fixo un Mestrado en Literatura, Arte e Pensamento na Universidade Pompeu Fabra de Barcelona, cunha tese sobre as novas expresións escénicas da filosofía do absurdo, e foi bolseira, entre outras institucións, na Cité Internationale des Arts en París, no Centro de Investigação Artística Hangar, en Lisboa, e na Fundación Gala de Córdoba. Colaborou en Dorna, Quimera e Granta.

Participou en varias residencias literarias, entre elas a Residencia Literaria da Cidade da Cultura dirixida por Javier Peña.

En 2025 gañou o Premio García Barros con Punto de araña, onde reflexiona sobre a precariedade do traballo feminino e reivindica as mulleres do mar

Libros de NEREA PALLARES

Punto de araña
Punto de araña

Subscríbete ao noso boletín

e descubre todas as novidades do libro en galego