1. INICIO
  2. Autores
  3. OLGA NOVO
Avatar de OLGA NOVO

OLGA NOVO

A Pobra do Brollón , 1975
7 títulos
0 seguidores

María Olga Novo Presa, nada en Vilarmao (A Pobra do Brollón) o 29 de xaneiro de 1975, é unha profesora, poeta e ensaísta galega, máis coñecida como Olga Novo.

Licenciada en Filoloxía Galega pola Universidade de Santiago de Compostela, foi profesora de bacharelato en varios institutos de Galicia, e tamén de galego na Universidade da Alta Bretaña en Rennes, e de literatura na Universidade Bretaña Sur, en Lorient.

Como poeta, deuse a coñecer con tres poemarios: A teta sobre o sol (1996), Nós nus (1997) e A cousa vermella (2004). Tamén publicou un libro de arte compartido coa pintora Alexandra Domínguez e o poeta Xoán Abeleira, titulado Magnalia, e numerosos poemas en antoloxías, libros colectivos, revistas (Festa da Palabra Silenciada, Dorna, Xistral), colaborou en Cadenos de vida e culturas, Moenia, Anuario de estudios galegos, Boletín Galego de Literatura, Ínsula, e xornais (El País, ABC).[3] A súa obra foi recollida en escolmas como La flama en el espejo (México, 1998), Mulher a fazer vento (Lisboa, 1998), Yo es otro. Autorretratos de la nueva poesía (Madrid, 2001), o Spain (Poetry from the Castilian, Catala, Basque and Galician languages) (Atlanta, 2003).

Como estudosa da literatura, publicou os ensaios Por un vocabulario galego do sexo. A terminoloxía erótica de Claudio Rodríguez Fer (Positivas, 1996), O lume vital de Claudio Rodríguez Fer (1999), Uxío Novoneyra. Lingua loaira (Fundación Caixa Galicia, 2005), Erótica Medieval Galaica: leda m'and'eu (Toxosoutos, 2013) e No principio foi o pracer (2017, Unión Libre).

Formou parte dos comités de redacción das revistas Ólisbos, Animal e Valdeleite, e segue a facelo de Unión Libre desde a súa fundación.

Participou con estudos en congresos e revistas, onde analizou sobre todo as propostas conectadas co surrealismo, pois escribiu sobre o escritor André Breton, o cantautor Léo Ferré e o pintor Eugenio Granell, e coa temática erótica, como reflicte o seu ensaio Tratado da pel, publicado no monográfico Erotismos de Unión Libre (1999), por ela mesma coordinado. Ademais, interesouse por poetas en lingua portuguesa, como Fernando Pessoa e o surrealista brasileiro Sérgio Lima.

Desde 2010, a Casa da Cultura da Pobra do Brollón leva o seu nome.

En 2019 publica Feliz idade, no que "tende unha mecha desde a xeración que a precedeu á que lle segue; entre o onte e o mañá da estirpe, alén do pasamento do pai e da nenez da filla".

É profesora de Lingua Galega e Literatura no IES A Pinguela de Monforte de Lemos.

Libros de OLGA NOVO

Cráter
Cráter
Nós nus
Nós nus
Nós nus
Nós nus
A teta sobre o sol
A teta sobre o sol
FELIZ IDADE
FELIZ IDADE
Crater
Crater
Erótica medieval galaica
Erótica medieval galaica

Subscríbete ao noso boletín

e descubre todas as novidades do libro en galego