Patricia Torrado Queiruga, nada no Porto do Son en 1987, é unha escritora, xornalista e museóloga galega.
É licenciada en Filosofía pola Universidade de Santiago de Compostela e fixo un mestrado en Museoloxía e Museos na Universidade de Alcalá. É experta en conservación e restauración do patrimonio ademais de activista cultural.
Editora en Toxosoutos do 2016 a 2019. Colabora en La Voz de Galicia e Nós Diario. En 2020 gañou o Certame Manuel Murguía de narracións breves co relato Silencios náufragos. En decembro de 2020 obtivo o primeiro premio no III Certame de Poesía Torre de Caldaloba coa obra Herdar a fala.
e descubre todas as novidades do libro en galego