Luís Rei Núñez (A Coruña, 1958) criouse entre A Coruña e Tal. Foi neno dos recados, vendeu enciclopedias porta por porta, practicou o atletismo, estudou Dereito, militou no antifranquismo e exerceu o xornalismo durante catro décadas. Ademais de Elas dúas
(Premio Álvaro Cunqueiro 2025), a súa obra narrativa inclúe as novelas Expediente Artieda (Premio Xerais 2000), O señor Lugrís e a negra sombra (Premio da Crítica Española e Premio da Irmandade do Libro ao mellor libro do ano 2007) e Monte Louro (Premio Blanco Amor 2009). Tamén é poeta (Estrela do norte e As sílabas do mundo) e coautor, co artista Federico Granell, de A illa de San Simón. Vive entre Pontevedra, onde dirixe a colección de poesía Tambo, e Tal, onde rexenta unha casa de vacacións e remata os seus libros. Ten unha páxina web persoal: www.luísreinúñez.com.
e descubre todas as novidades do libro en galego