Empregamos cookies para mellorar a experiencia, análises e contido personalizado.
Podes aceptar todas, rexeitar as non necesarias ou configurar.
Máis info na política de cookies e
privacidade.
As portas do muiño das Xanas sempre estiveron abertas para os habitantes de Queixumes. Xeración tras xeración prestáronlles axuda cada vez que eran requiridas. Todas as súas peticións foron cumpridas, sempre a cambio de algo. Porén, a chegada de Pío Salazar á vila vai mudalo todo. Berenice, a última…
As portas do muiño das Xanas sempre estiveron abertas para os habitantes de Queixumes. Xeración tras xeración prestáronlles axuda cada vez que eran requiridas. Todas as súas peticións foron cumpridas, sempre a cambio de algo. Porén, a chegada de Pío Salazar á vila vai mudalo todo. Berenice, a última muller da casa das Xanas, vai ser xulgada. Xúlgase o seu xeito de vida, o seu ser. Xúlgase a ela e ás mulleres que a precederon. A ela e ás mulleres que comparten a súa forma de entender e estar no mundo. Esta é a historia de Berenice, pero tamén de Xoana, de Morgana, de Marga, de Catalina, de Quioteria… das mulleres que non renunciaron á voz propia. Elas toman a palabra con foraza e sentímola poderosa no aquelarre, no fogar, na rúa, nos espazos onde as sitúa a vida. E canda elas as persoas que as acusan, que as sinalan, que as xulgan e as condenan sen escoitalasm, que exer en o seu poder. E á súa vez aquelas coas que comparten o seu amor. A través desta páxinas saberás o que contan as bruxas, a súa verdade.
Que che pareceu este libro?
Axuda a outras persoas deixando a túa opinión sobre este libro