1. INICIO
  2. > Libros
  3. > O SEÑOR MAGO E A FOLLA
O SEÑOR MAGO E A FOLLA

O SEÑOR MAGO E A FOLLA

Toño Núñez
0 veces listado
Antón é un mago que decide poñer fin á súa soidade, convertendo nunha meniña unha das follas arrastradas polo vento do outono.
¿Queredes saber cómo o consegue?
Que che pareceu este libro?
Axuda a outras persoas deixando a túa opinión sobre este libro
Editorial
EVEREST
Idioma
GALEGO
ISBN
978-8-4403-1103-0
EAN
9788440311030
Formato
TAPA BLANDA O BOLSILLO
Avatar

Toño Núñez

Ver autor

Xosé Antón Núñez Álvarez, coñecido como Toño Núñez, nado en Vilameixide (Freixís, Navia de Suarna) o 18 de xaneiro de 1959, é un mestre e escritor galego.

Estudou Maxisterio e, despois de traballar como mestre infantil durante máis de 20 anos, pasou a exercer como mestre de galego no IES de Palas de Rei (Lugo).

No ano 1986 gañou o I Premio Buril das Letras Galegas de narrativa, feito que o levou a tomar máis en serio a súa vocación coma escritor. A súa obra inclúe libros infantís, unha obra para adultos, relatos breves, poemas e artigos de opinión. Asemade, ten no seu haber varias mencións literarias.

Foi compoñente do Conxunto Vocal Lugh e do Coro do Hospital, dirixidos por Fernando Gómez Jácome.

En 2018 estreou o proxecto A gotiña viaxeira, con Miguel Anxo Macía e Fran Muinelo.

Valoracións das lectoras e lectores
5.0
1 valoracións

5 estrelas

100%

4 estrelas

0%

3 estrelas

0%

2 estrelas

0%

1 estrelas

0%
Avatar
Ana Arias Castro
5

Todos temos libros que son parte da nosa vida e este é un dos que forma parte da miña e mais da dos meus fillos. O mago Antón vive no bosque rodeado de árbores e animais pero está algo só e decide levar unha folla que lle falou para a súa casa. Pona a secar, cóidaa e o tempo vaille devolver os seus desvelos coa chegada de Antía. Unha historia sinxela pero que, polo menos na miña casa, deu para moitas lecturas. Ademais do texto de Toño, as ilustracións de Suso Cubeiro abren un mundo de animais que enriquecen enormemente o texto. A maiores, ao final do libro atopamos unha guía coa imaxe e o nome de cada criatura, así que tamén temos unha pequena guía de natureza para as saídas ao campo. Todo un acerto porque nada mellor ca unha lectura para animar a saír e coñecer a natureza e o contorno. Un libro deses que se gardan ao longo dos anos igual que o mago Antón gardou a folla!

Outros libros de Toño Núñez

Á comunidade gustoulle…

Subscríbete ao noso boletín

e descubre todas as novidades do libro en galego