En plena serra dos Ancares viviu unha vez, hai moitos anos, un temible monstro de sete cabezas que sementaba o medo entre todos os habitantes das montañas. O señor do castelo de Navia de Suarna chegou a perder tres dos seis fillos, mortos polo monstro. De aí que xurase vinganza. Por iso ofreceu a…
Xosé Antón Núñez Álvarez, coñecido como Toño Núñez, nado en Vilameixide (Freixís, Navia de Suarna) o 18 de xaneiro de 1959, é un mestre e escritor galego.
Estudou Maxisterio e, despois de traballar como mestre infantil durante máis de 20 anos, pasou a exercer como mestre de galego no IES de Palas de Rei (Lugo).
No ano 1986 gañou o I Premio Buril das Letras Galegas de narrativa, feito que o levou a tomar máis en serio a súa vocación coma escritor. A súa obra inclúe libros infantís, unha obra para adultos, relatos breves, poemas e artigos de opinión. Asemade, ten no seu haber varias mencións literarias.
Foi compoñente do Conxunto Vocal Lugh e do Coro do Hospital, dirixidos por Fernando Gómez Jácome.
En 2018 estreou o proxecto A gotiña viaxeira, con Miguel Anxo Macía e Fran Muinelo.
e descubre todas as novidades do libro en galego