Este é o Mago Goma, Ten o nariz de cenoria, un mago moi singular; dúas orellas fedellas, un mago que garda soños unha boca tipo foca nunha caixa de cristal. e dous bigotes por cellas. “Mago Goma” é un conto rimado que describe, por dentro e por fóra, a este divertido personaxe, entrañable e
Xosé Antón Núñez Álvarez, coñecido como Toño Núñez, nado en Vilameixide (Freixís, Navia de Suarna) o 18 de xaneiro de 1959, é un mestre e escritor galego.
Estudou Maxisterio e, despois de traballar como mestre infantil durante máis de 20 anos, pasou a exercer como mestre de galego no IES de Palas de Rei (Lugo).
No ano 1986 gañou o I Premio Buril das Letras Galegas de narrativa, feito que o levou a tomar máis en serio a súa vocación coma escritor. A súa obra inclúe libros infantís, unha obra para adultos, relatos breves, poemas e artigos de opinión. Asemade, ten no seu haber varias mencións literarias.
Foi compoñente do Conxunto Vocal Lugh e do Coro do Hospital, dirixidos por Fernando Gómez Jácome.
En 2018 estreou o proxecto A gotiña viaxeira, con Miguel Anxo Macía e Fran Muinelo.
e descubre todas as novidades do libro en galego