Comezou a súa carreira no mundo da literatura infantil en 2006, despois de estudar deseño gráfico. Autora e ilustradora ao mesmo tempo, o seu segundo libro, Delante de mi casa, foi un gran éxito tanto en Canadá como a nivel internacional e impulsou a súa
carreira en Europa. Traducida a máis de 30 idiomas, recibiu en dúas ocasións o Premio do Gobernador Xeral de Canadá e o Vicky Metcalf Prize for Children’s Literature en 2020, entre outras distincións. Na actualidade, Marianne publica libros baixo o seu propio selo, ALBUM Publishing, fundado xunto ao seu compañeiro Mathieu Lavoie, tamén autor e ilustrador.
e descubre todas as novidades do libro en galego