Alberto Mancebo (Vimianzo, 1983). Un día, vendo a Matías Prats no televisor, díxolle aos seus pais que quería dedicarse a iso de maior. Estudou Xornalismo en Santiago de Compostela e en 2004 comezou a traballar na Televisión de Galicia. Na canle pública, é
presentador de informativos, pero tamén exerceu como correspondente internacional e enviado especial. Un mes de xaneiro de 2021 comezou a escribir e, dende aquela, faino a diario. «Os tres nomes da Sartegua» (Xerais, 2026) é a súa terceira novela publicada, despois de «O que me quedaba por dicirche» (Xerais, 2023) e «Indolente» (Xerais, 2024), coa que gañou o Premio Manuel Lueiro Rey. Non leva ben o de facer exercicio e lembrarse de apagar as luces da casa, así e todo, procura facer as dúas cousas case todos os días. Fotografía do autor: Jorge Álvarez Parada.
e descubre todas as novidades do libro en galego