Durante décadas, nomearon tendas, guiaron pasos, anunciaron oficios e acolleron historias. Os r¢tulos comerciais antigos non son unicamente ferramentas de comunicaci¢n: son fragmentos de identidade, testemu?os dunha forma de vida que se resiste a desaparecer. Este libro recolle máis de 600 pezas…
📚Hoxe o libro que teño entre mans é un libro de historia en imaxes, sen apenas textos. Trátase de Os rótulos da nosa vida de Ana Cocho, Jorge Lens e Robert Willemse, publicado por Galaxia. Este libro de formato horizontal contén unha importante serie de fotografías de rótulos comerciais e algún anuncio de toda Galicia recollidos ao longo de varias décadas. Fundamentalmente son rótulos de comercio tradicional nos máis variados soportes: pintura, vidro, metal, plástico, neón, madeira e azulexos. Todos eles remiten a un pasado con comercios locais rexentados por familias. Unha forma de comercio en clara decadencia pois as nosas cidades e vilas están vendo substituídos estes establecementos por ópticas e tendas de roupa pertencentes a cadeas que uniformizan a paisaxe e fan as cidades indistinguibles entre si. Algúns destes establecementos están xa pechados, outros seguen aí, pero cando os vemos somos conscientes de ser testemuñas da herdanza dun pasado que era diferente. Que soportes tan elegantes e distintos entre si! Que bonitos eses nomes dos comercios que relacionaban establecemento e propietarios: Droguería Pereira, Tejidos Anacleto, Martina, Ultramarinos Fraga ou Casa Arturo. Outros respondían a nomes impensables hoxe en día: Cuchillería La Orensana, Novedades DoReMi (a palabra novidade indica máis ben antigüidade) ou Calzados La Moderna (nada máis que dicir!). Canto me gusta que se publiquen libros así, que permiten viaxar a outros tempos a través das fotos. Que ben o pasamos miña nai e mais eu pasando cada folla, recoñecendo moitos dos establecementos e recordando algúns a través das fotos dos doutras localidades. A historia non son só as guerras e fazañas. Este libro contén a historia de moitas familias e de todos nós en canto habitantes deste universo que é o pasado. E ademais nunha preciosa edición!
e descubre todas as novidades do libro en galego