1. INICIO
  2. > Libros
  3. > BEGOÑA OU O PRACER DA AMIZADE
BEGOÑA OU O PRACER DA AMIZADE

BEGOÑA OU O PRACER DA AMIZADE

Beatriz Maceda
0 veces listado

Begoña Caamaño, a escritora homenaxeada nas Letras Galegas de 2026, foi unha muller excepcional que fixo da palabra un acto de rebeldía e sororidade. Nesta biografía novelada, catro voces míticas -Circe, Penélope, Morgana e Xenebra- reúnense para narrar a vida desta autora fundamental, desde a súa…

Que che pareceu este libro?
Axuda a outras persoas deixando a túa opinión sobre este libro
Editorial
Edicións Xerais
Data publicación
2026-01-15
Idioma
GALEGO
ISBN
978-8-4111-0765-5
EAN
9788411107655
Avatar

Beatriz Maceda

Ver autor

Beatriz Maceda Abeleira, nada na Coruña en 1963, é unha mestra e escritora galega.

Aos cinco anos foi vivir a Vilalba. Estudou na Escola Universitaria de Maxisterio, Educación Primaria pola especialidade de Lingua Inglesa. Realizou estudos de Posgrao en Orientación Educativa no Instituto Maslow Catell da Universidade de Deusto. No ano 1995 casou e volveu vivir na Coruña.

Exerce no ensino, imparte cursos e realiza traballos sobre Ensino Global. Publicou os relatos Ela e Tuerka 27 na revista Tempos Dixital. Pertence ao colectivo A Sega.

En 2020 entrou na directiva da Asociación de Escritoras e Escritores en Lingua Galega.

Valoracións das lectoras e lectores
4.0
1 valoracións

5 estrelas

0%

4 estrelas

100%

3 estrelas

0%

2 estrelas

0%

1 estrelas

0%
Avatar
Ana Arias Castro
4

📚Begoña ou o pracer da amizade é unha desas obras que este ano tiveron especial acollida entre os lectores pois achega a figura de Begoña Caamaño, da man de Beatriz Maceda e publicada en Xerais. Cunhas semanas de retraso acabei de ler este libro que nos dá unha ampla visión da súa figura e do que representa nas nosas letras. Esta obra é unha biografía contada en catro partes. Cada unha das partes está contada por unha das personaxes que desenvolveu Begoña nas súas obras: Penélope, Morgana, Xenebra e Circe. Cada unha delas céntrase nun aspecto diferente da biografía de Begoña Caamaño. Penélope fálanos da súa vida de nena no Calvario, Coia e a súa relación coas mestras e figuras que deixaron nela unha impronta importante, especialmente María Xosé Queizán e Carmen Panero. Elas contribuíron á súa visión feminista e pacifista que máis tarde marcaría a súa vida. Morgana fálanos da súa faceta como xornalista, desde os seus inicios en Radio Popular, despois na Radio Galega, nas entrevistas, xornalismo de rúa e, especialmente desde o Diario Cultural que levou durante moitos anos, destacando sempre como persoa implicada, traballadora, crítica e comprometida. Pola súa banda, Xenebra fálanos da súa implicación social en causas diferentes: insubmisión, antimilitarismo e feminismo. Esta visión feminista da sociedade e da literatura será o elemento que marque as súas obras literarias posteriores. A última en falar será Circe, que nos falta da súa faceta de amiga, de parella, de persoa leal ás súas amizades. Finalmente esta obra remata con referencia ás súas obras, Circe ou o pracer do azul e Morgana en Esmelle. Chegado a este punto calquera lectora ou lector entenderá o porqué destas obras feministas, tan en liña da Begoña que se nos debuxou nos capítulos anteriores. Sen dúbida un gr libro para calquera nena ou neno que queira comprender a esta autora a que se lle dedicou o Día das Letras Galegas deste ano. Recomendado para lectores a partir de 11 anos pero tamén adecuado para aqueles dos primeiros cursos de secundaria pois fai un bo percorrido por esta autora pero en linguaxe moi accesible.

Outros libros de Beatriz Maceda

Á comunidade gustoulle…

Subscríbete ao noso boletín

e descubre todas as novidades do libro en galego