1. INICIO
  2. > Autores
  3. > ELVIRA RIVEIRO TOBÍO
Avatar de ELVIRA RIVEIRO TOBÍO

ELVIRA RIVEIRO TOBÍO

Pontevedra , 1971
3 títulos
0 seguidores

Elvira Ribeiro Tobío, nada en Cerponzóns (Pontevedra) o 5 de maio de 1971, é unha poeta galega.

Naceu no lugar do Cunchido, na pontevedresa parroquia de Cerponzóns, aínda que pasou case toda a súa infancia e mocidade na casa familiar do lugar de Guxilde, na freguesía de Alba, tamén pertencente ao municipio de Pontevedra. Criada nunha familia de extracción humilde, é diplomada en Maxisterio pola Universidade de Vigo e licenciada en Filoloxía galego-portuguesa pola Universidade de Santiago de Compostela.

Foi, ademais, bolseira do Instituto Camões na Universidade Nova de Lisboa e, a seguir, bolseira na Universidade de Coímbra. En 1999 fórmase en olería e cerámica da man da ceramista Berta Pazos, o que a leva a dedicarse en parte a esta arte. Ten traballado fundamentalmente como docente de lingua, cultura e literatura galegas no ensino medio e na Universidade de Vigo, así como na formación de persoas adultas.

Dedícase igualmente á tradución e á elaboración de materiais didácticos, alén de impartir obradoiros de creación literaria e animación á lectura. O seu labor no ámbito da literatura levouna ás universidades de Tübingen e Heidelberg (Alemaña), á Universidade de Zadar (Croacia), ou á Universitat de les Illes Balears. Tras unha etapa de tres anos na Corga de Arriba (Cequeril, Cuntis), desde o ano 2012 reside en Vigo.

Libros de ELVIRA RIVEIRO TOBÍO

PAlAbrAs brAncAs
PAlAbrAs brAncAs
As redes de Inés
As redes de Inés
carnia haikai
carnia haikai

Que di a comunidade dos libros de ELVIRA RIVEIRO TOBÍO?

Subscríbete ao noso boletín

e descubre todas as novidades do libro en galego